Instrumentos para a promoción do sector eólicoanálise dende unha perspectiva internacional

  1. Pedro Varela Vázquez
  2. María del Carmen Sánchez Carreira

Editorial: Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 9788416954643

Ano de publicación: 2018

Tipo: Libro

DOI: 10.15304/9788416954643 DIALNET GOOGLE SCHOLAR

Resumo

A enerxía eólica pode desempeñar un papel moi relevante nas sociedades modernas mediante a diversificación do subministro enerxético, a creación de novas sendas de desenvolvemento tecnolóxico e de emprego ou a loita contra o cambio climático. Entre os beneficios, destaca especialmente a diversificación industrial a nivel rexional, desencadeada pola nova combinación de ideas, tecnoloxías e capacidades produtivas a partir de sectores cognitivamente próximos. Neste sentido, a emerxencia deste sector podería absorber a oferta de man de obra procedente de sectores en declive e a reutilización das súas infraestruturas e tecnoloxías. Deste modo, a enerxía eólica podería mellorar a resiliencia rexional a curto, medio e longo prazo, mediante a promoción da mobilidade laboral e do desenvolvemento de vantaxes competitivas en termos de novas sendas tecnolóxicas e nichos de mercado. No caso da enerxía eólica, pode aproveitarse a tecnoloxía e a experiencia do sector naval. Polo tanto, a enerxía eólica pode facilitar a consecución duns maiores niveis de sustentabilidade ambiental, social e económica. En calquera caso, estes impactos xerais poden diferir entre rexións, dependendo da expansión desta enerxía renovable, do contexto institucional e do propio desenvolvemento das capacidades do tecido produtivo rexional.Dada a potencial relevancia da enerxía eólica nas economías rexionais, pode facilitarse a súa expansión mediante políticas polo lado da demanda e da oferta; e eliminando as barreiras institucionais e tecnolóxicas. Estas barreiras poden limitar tanto a difusión da capacidade de xerar electricidade de orixe eólica, como de producir equipamento e servizos para o sector. Deste modo, cómpre sistematizar o conxunto de instrumentos, tanto polo lado da oferta como da demanda, dispoñibles para promocionar a enerxía eólica no curto, medio e longo prazo. Neste sentido, é preciso clasificar o abano de instrumentos en función do seu horizonte temporal, así como pola súa orientación.O obxectivo deste libro consiste, precisamente, na presentación e sistematización dos diversos instrumentos que poden contribuír a promover o sector eólico