O ciberacoso no alumnado de educación primaria. Eixos da prevención na contorna familia

  1. López Castro, Leticia
Dirixida por:
  1. Diana Priegue Caamaño Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 de xaneiro de 2020

Tribunal:
  1. Miguel Anxo Santos Rego Presidente
  2. Antonio Valle Arias Secretario/a
  3. Armanda Pinto da Mota Matos Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Teseo: 605514 DIALNET

Resumo

A relevancia adquirida polos dispositivos tecnolóxicos na contorna familiar afectou profundamente ás relacións entre os seus membros e presentou novos desafíos educativos derivados da necesidade de educar aos menores no seu uso. Neste senso, cobra especial relevancia a prevención do ciberacoso, un fenómeno complexo e multidimensional, vinculado á urxencia de xestionar a convivencia entre iguais no espazo virtual. Así, nesta investigación analizamos o uso que fai o alumnado de Educación Primaria e as súas familias da tecnoloxía, tratando de identificar en que medida a contorna familiar pode contribuír á prevención do ciberacoso. Para isto, optamos por un enfoque metodolóxico mixto, no que combinamos técnicas e instrumentos de natureza cuantitativa e, en menor medida, cualitativa. Os resultados permítennos identificar as variables familiares máis relevantes, caso daquelas que interveñen na mediación parental dos dispositivos tecnolóxicos. Concluímos insistindo na necesidade de que os programas de prevención do ciberacoso inclúan o desenvolvemento de prácticas educativas familiares que, no marco do exercicio da parentalidade positiva, propicien respostas satisfactorias ás necesidades dos menores neste eido.