Moda de la Belle Epoque e indumentaria en la obra de Emilia Pardo Bazán

  1. Rodríguez Garabatos, Blanca paula
Dirixida por:
  1. José-María Paz-Gago Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 06 de marzo de 2020

Tribunal:
  1. Marisa Sotelo Vázquez Presidente/a
  2. Fátima Díez Platas Secretaria
  3. Dolores Dopico Aneiros Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 617613 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Emilia Pardo Bazán foi unha profunda coñecedora do mundo da moda e as súas reviravoltas. A autora fixo gala da súa enorme erudición en materia de moda ao longo dos seus contos e novelas e tamén nos seus artigos, ensaios e mesmo na súa correspondencia particular. Dona Emilia coñece o sistema da Moda e exhibe os seus coñecementos sobre o armazón industrial, artesanal, económico e comercial (mesmo aduaneiro) do mundo fashion nos seus relatos e na súa correspondencia privada. Pardo Bazán enumera aos grandes couturier do momento e describe minuciosamente o seu estilo e as súas achegas á historia da moda. O interese pola moda é utilizado pola condesa como un recurso narrativo para caracterizar a psicoloxía dos seus personaxes femininos, moitos dos cales non serían tan complexos nin interesantes se Pardo Bazán non nos falase dos seus vestidos ou a súa obsesión polos trapos. A moda, ademáis, permítenos contextualizar os seus contos e novelas e se descoñecésemos as datas nas que foron escritos, sería posible inferir o ano en función das tendencias que neles aparecen reflectidas. Dentro do Realismo literario, a moda foi empregada por Galdós, Valera ou Alas Clarín como instrumento ao servizo da narración pero, probablemente, ninguén como Pardo Bazán soubo ver entre os pregues, moños, aderezos e repertorios fashion das súas personaxes e das mulleres que a rodeaban un universo feminino fascinante e infestado de dobres significados. Dona Emilia vive a moda e así o podemos comprobar nas misivas á súa amiga Carmen Miranda de Pedrosa pero, ademais, dona Emilia pensa a moda. As súas consideracións estéticas sobre a vestimenta e o fashion só teñen parangón no pensamento de simbolistas como Baudelaire ou D´ Aurevilly e nas reflexións do Tratado da vida elegante de Balzac. A obra narrativa e teatral da autora galega permítenos admirar a súa enorme, vasta e sorprendente sabidoría sobre a materia.