A agricultura das antigas provincias de Betanzos e Coruña na crise do Antigo Réxime segundo o catastro de Martín de Garay (1750-1820)conflitividade labrega e innovación nunha agricultura orgánica
- González Remuiñán, Alberto
- Lourenzo Fernández Prieto Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 04 de decembro de 2019
- Pegerto Saavedra Presidente
- Rafael Vallejo Pousada Secretario/a
- Maria Dulce Alves Freire Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Nesta investigación abórdase unha fonte para coñecer a crise do Antigo Réxime apenas empregada polos investigadores. En maio de 1817 estableceuse a reforma do sistema tributario impulsada polo ministro aragonés Martín de Garay, punto inicial do derradeiro intento do absolutismo para tratar de paliar os efectos desa crise na Facenda. En Galicia, as medidas conducentes á súa implantación presentaron importantes particularidades e, pese ao seu fracaso final debido a unha serie de eivas organizativas-estruturais, ocultacións e resistencias, o proceso brindounos unha fonte histórica de gran valor, derivada das indagacións por parte da administración fiscal sobre a riqueza dos contribuíntes de todo o Estado. Os distintos corpus documentais aos que a aplicación desta reforma da Facenda deu lugar ofrécennos un amplo abano de posibilidades para estudar aspectos fundamentais das actividades agropecuarias, ademais doutros de tipo demográfico e social, incluíndo tamén a conflitividade que contribuíu á caída definitiva da chamada Contribución Xeral. Todo isto na segunda década do século XIX, na que a obtención deste tipo de informacións resulta complicada pola escaseza de fontes que permitan o desenvolvemento de estudos rexionais.