Biodiversidad y conservación de las praderas de Zostera marina en el noroeste ibéricoenfoque biológico y ficológico

  1. García Redondo, Verónica
Dirixida por:
  1. Ignacio Bárbara Co-director
  2. Pilar Díaz-Tapia Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de febreiro de 2019

Tribunal:
  1. Marta Sansón Acedo Presidente/a
  2. Javier Cremades Secretario/a
  3. Eva Cacabelos Reyes Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 578855 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta tese investiga a bioloxía e a biodiversidade ficolóxica, así como o estado de conservación e as ameazas das pradeiras de Zostera marina no noroeste da península ibérica. Se mostrearon un total de 3097 puntos xeoreferenciados en 55 praderías dende abril do 2014 ata agosto de 2017 nun intervalo de profundidade +1m - 4 m. Foron medidas 2750 follas Z. marina, estudáronse 275 mostras da flora acompañante e analizouse os epifitos de 1650 follas. Estes datos empregáronse para dar a coñecer a distribución, extensión e o hábitat das praderías, para caracterizar as plantas de Z. marina e a diversidade ficoloxica que albergan. Ademais, estudouse a variabilidade temporal das características biolóxicas de Z. marina, e da súa flora asociada tanto no substrato como epifita. A información xerada foi empregada para valorar o estado de conservación das praderías de Z. marina e como resultado propóñense 15 praderías mariñas que deberían ser tidas en conta en futuros plans de conservación. Este traballo proporciona información necesaria para a protección e xestión das praderías de Z. marina no noroeste ibérico.