Estudio taxonómico y evolutivo de la subtribu Anthoxanthinae (Poaceae; Pooideae)

  1. Lema-Suárez, Irene
Dirixida por:
  1. Manuel Pimentel Pereira Co-director
  2. Elvira Sahuquillo Director
  3. Ana Insua Titora

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de decembro de 2017

Tribunal:
  1. Enrique Rico Hernández Presidente/a
  2. María Isabel Fraga Vila Secretaria
  3. Rosalía Piñeiro Portela Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 523993 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A subtribo Anthoxanthinae (Poaceae; Pooideae; Poeae) está formada por dous xéneros moi próximos filoxenéticamente, Anthoxanthum e Hierochloë, cuxa adscrición taxonómica segue sendo fonte de controversias. Aínda así, foi considerada adecuada como organismo modelo para o estudo da evolución recente das gramíneas C3 debido á súa incompleta diferenciación morfolóxica, a súa ampla distribución xeográfica e a súa estrutura citoxenética. Nesta Tese de Doutoramento utilízanse diferentes métodos para contribuír a clarificar a taxonomía e establecer as relacións filoxenéticas entre os representantes da subtribo Anthoxanthinae. Para acadar os obxectivos do traballo empregáronse métodos estatísticos multivariantes para o tratamento dos datos morfolóxicos, análises filoxenéticas para procesar os datos moleculares, desenvolvéronse marcadores microsatélites e determinouse o tamaño xenómico mediante citometría de fluxo, que se relacionou cos niveis de ploidía. Primeiro, fíxose un estudo da subtribo integrando datos morfolóxicos, ecolóxicos, citoxenéticos e moleculares para clarificar a súa historia evolutiva (incluíndo patróns bioxeográficos xerais) e a súa organización taxonómica (capítulo 1). Despois, profundouse na sección Monoecia do xénero Hierochloë, modelo de diversificación de plantas C3 nos Andes (capítulo 2). A continuación, realizouse a revisión taxonómica desta sección (capítulo 3) e das especies ibéricas do xénero Anthoxanthum (capítulo 4). Finalmente, desenvolvéronse marcadores moleculares específicos (microsatélites) non plastídicos para as especies do complexo eurosiberiano do xénero Anthoxanthum, seleccionándose 15 parellas de primers obtidas a partir dun test preliminar realizado coas liñaxes diploides do complexo diploide mediterráneo A. aristatum/A. ovatum (capítulo 5).