Edición crítica e estudo dos textos anónimos da lírica profana medieval galego-portuguesa

  1. Fernández Graña, Dulce María
Dirixida por:
  1. Carlos Paulo Martínez Pereiro Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Ano de defensa: 2007

Tribunal:
  1. Manuel Ferreiro Fernández Presidente/a
  2. Laura Tato-Fontaíña Secretario/a
  3. José Luis Rodríguez Fernández Vogal
  4. Jose Benito Arias Freijido Vogal
  5. José-Martinho Montero Santalha Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 141319 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Coa convicción de que todo autor ten un estilo particular de facer literatura que o individualiza diferenciándoo dos demais, a tese de doutoramento Edición crítica e estudo dos textos anónimos da lírica profana medieval galego-portuguesa naceu coa intención de contribuír a determinar a autoría dos textos anónimos da lírica trobadoresca galego-portuguesa, utilizando como método a análise comparativa retórico-estilística das cantigas anónimas confrontándoas coas dos seus posíbeis autores. O campo de estudo abranxía nun principio todas as cantigas de dubidosa atribución, fose por ausencia total da mesma, por dupla atribución a autores diferentes, ou por dúbidas entre a asignación a un ou outro autor, debido a unha defectuosa transmisión textual ou á carencia de datos históricos que guiasen a investigación por esa vía. Ao ver que o corpus resultaba excesivo aplicáronse criterios de restrición que afectaron entre outros casos os textos postrobadorescos e os 'Lais de Bretanha'. Para determinar as composicións que serían editadas e examinadas máis polo miúdo, tomáronse en consideración a escasa claridade das circunstancias codicolóxicas que rodeaban a súa transmisión e a ausencia de datos históricos fiábeis sobre os seus posíbeis autores, razóns que dificultaban a pescuda autorial por estas vías, así como a falta de consenso entre os investigadores anteriores para acadaren unha conclusión atributiva común. O corpus editado quedou desta forma reducido a vinte cantigas que carecen na súa totalidade de atribución explícita, xa que todas están recollidas só no Cancioneiro da Ajuda. Por cotexo cos demais manuscritos e con axuda das fontes históricas, estes poemas son atribuíbeis (na maior parte dos casos) hipoteticamente a un, dous ou tres trobadores posíbeis. Con respecto á edición dos textos, poucos foron os problemas ecdóticos suscitados, que se concentran en dúas cantigas fragmentarias: no caso da cantiga I, [.