Variación e normativización no galego

  1. Eva M.ª Domínguez Noya
  2. María Caíña Hurtado
  3. M.ª Sol López Martínez
Libro:
Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018
  1. Marta Díaz (ed. lit.)
  2. Gael Vaamonde (ed. lit.)
  3. Ana Varela (ed. lit.)
  4. María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.)
  5. José María García-Miguel Gallego (ed. lit.)
  6. Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-786-9

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 299-306

Congreso: Congreso Internacional de Lingüística Xeral (13. 2018. Vigo)

Tipo: Achega congreso

Resumo

A variación é unha característica de todas as linguas e a galega non é unha excepción, mais presenta aspectos específicos por mor da súa historia. Durante séculos estivo apartada dos estamentos oficiais, administración, ensino, medios de comunicación etc. Coa aprobación do Estatuto de Autonomía (1981) e o recoñecemento do galego como lingua oficial da comunidade créase un clima favorable para consensuar unhas normas que favorezan a normativización da lingua e sexan utilizadas polos diferentes estamentos. Así, en 1982, tras varios intentos malogrados, apróbanse as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, revisadas e modificadas posteriormente no 1995 e no 2003. Un exemplo da variación formal que presentan as diferentes propostas de normativización atopámolo na representación gráfica do artigo cando o precede forma verbal rematada en -rou- se mais na expresión do encontro da preposición a co artigo determinado masculino. Son dous fenómenos explicitados nas distintas propostas de normativización que se poden rastrexar nos textos que inclúe o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), que cremos dan conta do nivel de aceptación da normativa oficial e do papel redutor da variación que o acatamento da norma comporta.