Caracterización epidemiológica y virológica en pacientes con infección crónica por el Virus de la Hepatitis Cimpacto en el tratamiento con antivirales de acción directa

  1. Grandal Fustes, Marta
Dirixida por:
  1. Eva Poveda López Director
  2. José Domingo Pedreira Andrade Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 12 de novembro de 2019

Tribunal:
  1. Antonio Aguilera Guirao Presidente
  2. Javier de Toro Santos Secretario/a
  3. Diana Valverde Pérez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 608654 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A infección polo Virus da Hepatite C (VHC) é un problema grave de saúde pública mundial, que actualmente afecta a máis de 71 millóns de persoas en todo o mundo, e que lidera unha significativa morbilidade e mortalidade. Desde a aprobación dos novos antivirais de acción directa (AADs), o paradigma da infección por VHC cambiou. Os réximes con AADs son agora o novo estándar de tratamento frente ó VHC con tasas de resposta virolóxica sostida (RVS) de máis do 90%, de curta duración e sen apenas efectos adversos asociados. Sen embargo, nun primeiro momento, os seus elevados custos supuxeron unha limitación para ofrecer un tratamento global ós pacientes con infección por VHC. Esta situación foi resolta en maio de 2015 cando o Sistema Nacional de Saúde (SNS) español publicou un Plan Estratéxico para a Abordaxe da Hepatite C (PEAHC) que establecía os criterios para a priorización do tratamento cos novos AADs. A pesar das altas taxas de curación asociadas ós novos AADs superiores ó 90%, existe todavía unha proporción de pacientes entre un 2-10% que non alcanza unha RVS. Entre as diferentes causas asociadas a esta falta de resposta están numerosos factores como o grao de fibrose hepática, a carga viral, o xenotipo viral ou a presenza de mutacións de resistencia (RASs) en rexións do xenoma viral que son as dianas terapéuticas dos AADs (como NS5A). Ademais, as RASs xeralmente asócianse a fracaso terapéutico cando a súa presenza combinase con algúns dos demais factores relacionados con menores taxas de RVS. Todos estos factores han de terse en conta para optimizar á elección do tratamento e a súa duración, co fin de garantir a mellor resposta posible. Neste contexto, os obxectivos desde traballo foron, en primero lugar, caracterizar o perfil da infección crónica por VHC na área sanitaria de A Coruña, e avaliar o impacto do PEAHC na abordaxe do tratamento da infección nesta poboación. En segundo lugar, os obxectivos foron avaliar a prevalencia de RASs basais en NS5A en pacientes con xenotipo 1a (X1a) e xenotipo 3 (X3), e avaliar os beneficios da realización dun estudo de resistencias para optimizar as estratexias terapéuticas dispoñibles. Os resultados obtidos no primeiro estudo, sinalaron que o perfil da infección crónica por VHC na área sanitaria da Coruña caracterizábase por unha prevalencia maioritaria en varóns (76,2%) cunha media de idade de 50 ± 9,5 anos, donde a cirrose hepática (28,7%) e a co-infección polo Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH) (60,9%) foron frecuentes. A nivel virolóxico, o virus presentou cargas virales elevadas e o xenotipo maioritario foi o 1 (66,1%), X1a (41,5%), seguido do X3 (16,8%). Durante o ano 2015 o 52,7% dos pacientes iniciaron tratamento cunha taxa de RVS global superior ó 96%. Non se observaron diferencias significativas entre esta RVS e factores relacionados con peor resposta ó tratamento como a cirrose, co-infección por VIH, xenotipo viral, ou exposición previa a tratamento. Dos pacientes que iniciaron tratamento o 72,9% foron recoñecidos como prioritarios para o tratamento fronte ó VHC de acordo ó PEAHC (≥F2, trasplantados o con manifestacións extrahepáticas), indicando que o PEAHC foi crítico para o avance da cura fronte ó VHC na área sanitaria da Coruña. Os resultados obtidos no segundo estudo, describiron na área sanitaria da Coruña unha baixa prevalencia de RASs na rexión NS5A en pacientes con X1a e X3 (5,5% versus 0,0%) así como unha alta proporción de pacientes con factores asociados a menores taxas de RVS (78,9% para X1a e 75,8% para X3). En consecuencia, as taxas de pacientes que combinaban estos factores coa presenza de RASs foron baixas, polo que na gran maioría dos pacientes (X1a mais do 94% e X3 o 100%) o tratamento podería optimizarse. É dicir, todos eles poderían ser tratados con réximes estándar de 12 semanas sen ribavirina (RBV). Desta forma concluiuse que o estudo de resistencias en determinadas poboacións podería ser útil para optimizar as estratexias de tratamento, o que conleva ademáis un aforro nos custos das terapias para o SNS e unha reducción dos efectos adversos asociados ó uso da RBV.