Papel da interleuquina-6 en gliomaxénese

  1. Golán Cancela, Irene
Supervised by:
  1. Jose Antonio Costoya Puente Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 26 April 2019

Committee:
  1. Rosa María Señaris Rodríguez Chair
  2. Carmen Rivas Vázquez Secretary
  3. Pablo Iglesias Vázquez Committee member
Department:
  1. Department of Physiology

Type: Thesis

Abstract

Na presente tese doutoral analízase a implicación da interleuquina 6 (IL6) en gliomaxénese. O glioblastoma é un dos tumores máis agresivo e frecuente do sistema nervioso central, e os pacientes mostran niveis altos de IL6 circulante. Baixo un modelo de glioma murino, no que se recapitula a hiperactivación das vías de sinalización EGFR e FGFR coa expresión de H-RasV12, e o desaxuste do ciclo celular coa inactivación de Rb, demóstrase que esta citoquina ten un papel importante no microambiente, potenciando a progresión tumoral. Así mesmo, exerce un efecto célula-autónomo sobre as células cancerosas, cooperando na estimulación da resposta ao dano no ADN, mediante a activación de p53 e CHK1, e moderarando, vía STAT3, a reprogramación celular inducida por H-RasV12 e mediada por WIP1 a través de NF-κB.