New therapeutic targets in the development of gastric cancerfrom chronic gastritis to gastric cancer
- Saúl Leal López
- Tomás García-Caballero Parada Director
- Yolanda Pazos Randulfe Director
- J. Enrique Domínguez Muñoz Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de defensa: 2019
- Andrés Cervantes Ruiperez Presidente/a
- Rosa María Señaris Rodríguez Secretaria
- María Nieves Embade Urrutia Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O feito de que o cancro gástrico presente unha mala prognose subliña a importancia de dispoñer de ferramentas para unha diagnose temperá. Neste senso, o obxectivo desta tese doutoral é o estudo do sistema obestatina/GPR39 no desenvolvemento, mantemento e malignidade do cancro gástrico. Os nosos resultados confirman que este sistema está involucrado na secreción de encimas gástricos e no desenvolvemento do cancro gástrico ao intervir na transición epitelio-mesénquima, proliferación, migración e invasión de células canceríxenas gástricas. A expresión do GPR39 nas células principais mostra a posíbel importancia do sistema na SPEM que é clave para a evolución cara a metaplasia intestinal, displasia e finalmente o cancro. Os RTKs e MMPs estimulables con obestatina exprésanse dun xeito diferencial na secuencia de Correa, evidenciando o papel deste sistema no cancro gástrico. O estudo metabolómico dos biofluídos revela a súa capacidade informativa para a identificación de biomarcadores que permiten o establecemento de protocolos fiables e non invasivos.