Factores relacionados a una mayor recuperación funcional tras sufrir un accidente cerbrovascular

  1. Vázquez Guimaraens, María
Dirixida por:
  1. Francisco Javier Cudeiro Mazaira Co-director
  2. José Luis Caamaño Ponte Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Rosa Meijide Faílde Presidente/a
  2. Juan Suárez Quintanilla Secretario
  3. Antonio Oliviero Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 507175 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A enfermidade cerebrovascular ou ictus é un dos motivos máis frecuentes de asistencia neurolóxica urxente, representa unha das primeiras causas de morte e invalidez nos adultos e supón un enorme custo tanto humano coma económico. Os avances no tratamento do ictus teñen como eixes fundamentais a atención neurolóxica precoz, o ingreso nas unidades de ictus e o tratamento rehabilitador en unidades especializadas. Entre os diferentes tratamentos, a neurorehabilitación presenta unha ventá terapéutica máis ampla, pode aplicarse tanto en ictus isquémicos como hemorráxicos e pode mellorar o prognóstico funcional mesmo meses despois do ictus. O obxectivo deste proxecto é determinar que variables afectan ao pronóstico funcional do accidente cerebrovascular (ACV) isquémico e do hemorráxico; para iso realizamos un estudo observacional ambispectivo onde se analizan todos os pacientes con ACV ingresados no Servizo de Rehabilitación do Hospital Marítimo de Oza durante os últimos cinco anos. Preténdese valorar en ambos os dous grupos o grao de minusvalidez ao inicio do tratamento rehabilitador e á alta mediante dúas escalas de valoración funcional; a escala FIM (Medida de la Independencia Funcional) e o Índice de Barthel (IB). En moitas ocasións os profesionais de rehabilitación formulámonos que factores sociais afectan ao tratamento rehabilitador durante o ingreso na nosa planta. Na práctica clínica habitual esquecémonos de identificar aquelas familias con problemas de conflitos ou disfuncións familiares. Por iso, parece necesaria a utilización dunha escala validada, como o cuestionario APGAR Familiar, co propósito de darlles seguimento e orientación para unha remisión oportuna e adecuada nos casos que sexa necesario. Con este estudo queremos determinar que variables afectan ao grao de minusvalidez tras o ingreso no noso Servizo de Rehabilitación.