Educación ambiental en Galizacrise, que crise?
- Pardellas Santiago, Miguel
- Meira Cartea, Pablo Ángel
ISSN: 1136-2677
Year of publication: 2012
Issue: 66
Pages: 52-54
Type: Article
More publications in: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente
Abstract
Que 200 traballadores da industria pirotécnica galega quedasen no paro temporalmente como consecuencia da normativa estacional de prevención de incendios forestais pareceu, e seguramente o foi, unha traxedia social inaceptábel. Mereceu, sen dúbida, a atención dos medios de comunicación e a solidariedade de quen asocia a celebración festiva cos estoupidos de rigor. Hai dramas similares pero de maior escala que, sen embargo, están a pasar desapercibidos, resultando totalmente invisíbeis para os medios de comunicación e a sociedade. Facendo unha estimación sobre os datos de emprego referidos a 2007 derivados do Proxecto Fénix, xusto nos prolegómenos da crise actual, a perda de postos de traballo no sector da Educación Ambiental (EA) en Galiza durante os últimos catro anos pode estimarse nun 50%, unhas 500 persoas.