A loita pola representación social do cambio climáticounha reflexión para educadores

  1. Meira Cartea, Pablo Ángel
Revista:
Adega cadernos

ISSN: 1137-0262

Ano de publicación: 2006

Número: 16

Páxinas: 53-60

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Adega cadernos

Resumo

Ulrich Beck, o sociólogo alemán que mediados os anos oitenta do pasado século formula a súa teoría da �sociedade do risco�, realiza unha afirmación que non nos pode deixar indiferentes: �A crise ecolóxica está sendo cuestionada. Algún día �continua- alguén quererá facer carreira co argumento de que dita crise só existiu na cabeza da xente�. O certo é que a crise ambiental, incluso o�ambiente� como cuestión problematizada nas sociedades contemporáneas, só existen porque teñen sido construídas colectivamente a partir dunha serie de procesos de representación social nos que o desenvolvemento da ciencia �principalmente da Ecoloxía-, o uso dos medios de comunicación de masas como mediadores e a capacidade de influencia dunha serie de movementos sociais xogaron un papel central. A conciencia, aínda difusa e fragmentaria, que existe do ambiente e da crise ambiental é o resultado da ancoraxe desas influencias na conciencia colectiva. Máis aló da súa obxectivación científica, a crise ambiental é tamén e sobre todo, unha representación social que forma parte da cultura común do noso tempo, sobre todo nas sociedades avanzadas. Na medida en que a crise ambiental se foi consolidando como parte da cultura contemporánea, tamén se puxeron en marcha poderosas forzas que teñen como obxectivo a súa desmontaxe