As outras cen linguaxes na infanciaDeseño dunha proposta educativa de accións colaborativas

  1. Estella L. Freire Pérez
Revista:
Eduga: revista galega do ensino

ISSN: 2171-6595

Ano de publicación: 2018

Número: 76

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Eduga: revista galega do ensino

Resumo

Esta publicación presenta o deseño dunha experiencia educativa interdisciplinar co obxectivo principal de achegar recursos sinxelos para familias e docentes baseados na multiplicidade de linguaxes e medios de expresión dos nenos e nenas. Trátase de potenciar o traballo na aula da danza tradicional, da narración oral e das regueifas, da música tradicional e da expresión artística en xeral como recursos motores para desenvolver unha aprendizaxe significativa.