Evaluación de la regeneración axonal y de la recuperación funcional tras la inyección intraneural de factor de crecimiento insulínico tipo I en isoinjertos nerviosos criopreservados en el modelo de defecto ciático de rata
- González Porto, Sara Alicia
- María Esther Rendal Vázquez Director
- José Ángel Álvarez Jorge Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 13 de maio de 2019
- Ángel Carracedo Álvarez Presidente
- Silvia Díaz Prado Secretario/a
- Fernando Corella Montoya Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Obxectivo Establecer un protocolo de criopreservación nerviosa, e investigar o efecto do IGF-1 (Factor de crecemento insulínico I) intraneural nos isoenxertos criopreservados. Material e métodos Comparáronse dous protocolos de criopreservación: Dimetilsulfóxido (DMSO) e DMSO con albúmina humana. A avaliación estrutural realizouse a través da análise histolóxica. A viabilidade valorouse mediante a proba calceína AM (CAM) - 4',6-diamino- 2-fenilindol (DAPI). Para avaliar o efecto do IGF-1, 57 ratas dividíronse aleatoriamente en tres grupos: (1) autoenxerto; (2) isoenxerto criopreservado; (3) isoenxerto criopreservado con administración intraneural de IGF-1. 12 semanas trala ciruxía, avaliáronse a recuperación funcional (Walking track, estudo electrofisiolóxico, índice do músculo gastrocnemio (GMI)) e a rexeneración nerviosa (histomorfometría). XXII Resultados A arquitectura nerviosa preservouse correctamente trala criopreservación. A viabilidade celular foi significativamente superior no grupo con albúmina. No estudo prospectivo, os resultados funcionais e histolóxicos revelaron melloría significativa dos parámetros coa adición do factor de crecemento respecto aos resultados do isoenxerto só. Conclusións A viabilidade incrementouse significativamente engadindo albúmina ao proceso de criopreservación. A inxección intraneural de IGF-1 mellorou significativamente a rexeneración axonal e a recuperación funcional, conseguindo resultados comparables aos do autoenxerto.