Disfunción eréctil en pacientes con hipertensión arterial en atención primaria

  1. Diosdado Figueiredo, Mónica
Dirixida por:
  1. Venancio Chantada Abal Director
  2. Salvador Pita Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 10 de xaneiro de 2019

Tribunal:
  1. Miguel A. Blanco Parra Presidente
  2. Teresa Seoane Pillado Secretario/a
  3. M. F. Lorenzo Gómez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 579225 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxetivos: Estimar a frecuencia de disfunción eréctil nos pacientes con hipertensión arterial e as variables asociadas, o grao de control, o risco cardiovascular e impacto na calidade de vida. Material e métodos: Estudio observacional da prevalencia en varóns con hipertensión arterial. De cada paciente recolléronse variables sociodemográficas e comorbidade, grao de control da hipertensión arterial e tratamento, risco cardiovascular e síndrome metabólico. A disfunción eréctil foi diagnosticada usando o Índice Internacional de Función Eréctil (IIEF-15). Foron realizados os cuestionarios sobre calidade de vida na hipertensión (MINICHAL) e a escala internacional de síntomas prostáticos (IPSS). Resultados: O estudo incluíu 262 homes hipertensos cunha media de 65,84 anos de idade. O 46,1% presentaba disfunción eréctil, sendo un 54,9% grave. Atopouse asociación independente entre a disfunción eréctil e as variables: idade, Índice de Charlson, dislipidemia, hipertrofia benigna de próstata, presión arterial diastólica, anos de diagnóstico da hipertensión, número de tratamentos, scores Regicor e Framingham-Wilson , auscultación cardiopulmonar patolóxica, glucemia, creatinina, transaminasa glutámico pirúvica (GPT), filtrado glomerular (MDRD), sintomatoloxía de enchido (IPSS) e manifestacións somáticas (MINICHAL). Conclusións: A disfunción eréctil está asociada significativamente coa idade, a dislipidemia, a hipertrofia prostática benigna e o síndrome metabólico.