Aspectos medicolegais e criminolóxicos da violencia de xénero
- Mercedes Domínguez Fernández
- María Sol Rodríguez Calvo Doktormutter
- Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas Doktorvater
Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela
Jahr der Verteidigung: 2018
- María Castellano Arroyo Präsident/in
- Gumersindo Guinarte Cabada Sekretär
- Rosendo Bugarín González Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
O presente estudo pretende ampliar o coñecemento da violencia de xénero dende unha perspectiva medicolegal e criminolóxica. En concreto, pretendemos examinar as características sociodemográficas, determinar as diversas formas de abuso, o contexto e as consecuencias, ademais de analizar a actitude das vítimas no proceso xudicial. Realizouse unha revisión dos expedientes clasificados como violencia de xénero pola Fiscalía de Área de Santiago de Compostela, con sentencia firme, entre o ano 2005 e 2012. Comprobamos o predominio de diversas características individuais, familiares e sociais, como a nacionalidade española, a convivencia co agresor e o nivel socioeconómico baixo, así como a combinación de abuso físico e psicolóxico, producido no domicilio familiar. A metade das mulleres presentaron lesións e precisaron atención sanitaria. A actitude das vítimas no proceso relacionouse con diversas características sociodemográficas e a súa negativa a declarar influíu de forma significativa na decisión final do órgano xudicial.