La dilución de la marca en la Unión Europea y en los Estados Unidos de América
- Cernadas-Lázare, Marta
- Manuel Areán Lalín Co-director
- Rafael García Pérez Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 18 de xaneiro de 2019
- José Antonio Gómez Segade Presidente
- María Miguel Carvalho Secretario/a
- Anxo Tato Plaza Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A teoría da dilución nace para protexer ás marcas que ostentan certo grao de coñecemento fronte ao uso dunha marca idéntica ou similar con relación a produtos ou servizos diferentes. Esta protección xurdiu nos anos 20 como unha resposta xurisprudencial á lagoa existente nas leis de marcas. Desde a súa orixe ata a actualidade, esta protección reforzada sufriu unha profunda evolución que provocou que se trate dunha das figuras máis controvertidas do Dereito de marcas. Este traballo ten por obxecto o estudo da problemática que existe ao redor da dilución da marca. Con tal fin, realizouse un estudo de dereito comparado entre a Unión Europea e os Estados Unidos de América, o cal aborda algunhas das cuestións máis controvertidas da protección fronte ao prexuízo do carácter distintivo da marca de renombre ou famosa. Deste xeito, analízanse o concepto de marca de renombre ou famosa, os requisitos que han de cumprirse para acceder á protección reforzada e a protección en sí, a súa regulación e aplicación polos tribunais, así como o súa fundamentación.