O subsistema de formación profesional para o empregoos certificados de profesionalidade e a súa vinculación coa mellora da empregabilidade en Galicia

  1. Queiruga Santamaría, Olaya
Dirixida por:
  1. Antonio F. Rial Sánchez Director
  2. María del Carmen Santos González Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 20 de decembro de 2018

Tribunal:
  1. María del Mar Lorenzo Moledo Presidenta
  2. Luis Carro Sancristóbal Secretario/a
  3. José Tejada Fernández Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Teseo: 570775 DIALNET lock_openTESEO editor

Resumo

En España, unha importante porcentaxe da poboación activa non conta cunha acreditación recoñecida da súa cualificación profesional. En consecuencia, isto supón, para estas persoas, unha maior dificultade de inserción e permanencia no mercado laboral. Debido á importancia e gravidade desta problemática e co fin de ofrecer solucións a esta situación, créanse, dentro do marco da política común europea en materia de emprego, os Certificados de Profesionalidade. Estes certificados, con validez en todo o territorio nacional, acreditan de forma oficial as competencias profesionais adquiridas para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación para o emprego. Nesta tese de doutoramento centrámonos nos Plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas. Trátase dunha política activa de emprego que ten como obxectivo principal lograr a mellora da empregabilidade a través da oferta de formación que procura a adquisición, mellora e actualización permanente das competencias e cualificacións profesionais, co fin prioritario de potenciar a integración e reinserción das persoas traballadoras desempregadas no mercado laboral. O propósito deste traballo é avaliar o impacto, calidade e eficacia do Plan de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas na comarca de Santiago para o sector da construción. Trátase dunha investigación fundamentalmente descritiva na cal se analiza a inserción xerada por este tipo de formación, a calidade do proceso formativo e a adaptación da formación aos requirimentos do mercado laboral.