Interaccións entre olería e metalurxia na cultura castrexaSítulas de bronce e as súas analoxías cerámicas

  1. Seoane Novo, Cristina
Supervised by:
  1. Josefa Rey Castiñeira Director
  2. Xosé Lois Armada Pita Co-director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 31 January 2019

Committee:
  1. Alberto José Lorrio Alvarado Chair
  2. Raquel Casal García Secretary
  3. Beatriz Comendador Rey Committee member
Department:
  1. Department of History

Type: Thesis

Teseo: 577094 DIALNET

Abstract

O obxectivo principal desta tese doutoral é aportar unha nova perspectiva aos estudos de cerámica e metalurxia da Idade do Ferro do noroeste peninsular, establecendo paralelos entrambas producións. Durante décadas, na literatura arqueolóxica téñense feito continuas referencias á posible orixe metálica de determinadas formas e/ou decoracións dentro do catálogo cerámico castrexo. Para elo, asúmese a idea de que a cerámica e o metal dos castros non é resultado de procesos illados senón que forman parte dun contexto sociocultural específico, no que evolucionan conxuntamente, producíndose un intercambio de información entrambas artesanías. Para elo estúdanse vasillas cerámicas e metálicas en conxunto, nun intento de comprobar a que niveis e en que termos se produce o diálogo entre artesanías. Na tese estúdanse vasillas metálicas e cerámicas en conxunto, tratando de determinar en qué aspectos –técnicos, morfolóxicos, decorativos…– se produce o diálogo entre artesanías. O discurso artéllase en torno a dúas producións específicas: as sítulas con decoración xeométrica no caso dos metais e as vasillas perladas no das cerámicas. Realízase un inventario exhaustivo de ambas manifestacións para despois estudalos en conxunto baseado nun marco teórico sólido, asentado nos estudos previos sobre esqueuomorfismo/fenómenos de imitación que se rexistran na literatura especializada. Sobre esta base, inténtanse determinar as concordancias técnicas, decorativas e morfolóxicas e funcionais-simbólicas entrámbolos dous conjuntos de materiais.