Metalociclos autoensamblados de Pt(II) como potenciales metalofármacos antitumorales

  1. Domarco Álvarez, Olaya
Dirixida por:
  1. Marcos Daniel García Romero Co-director
  2. Carlos Peinador Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de decembro de 2018

Tribunal:
  1. M. Eugenio Vázquez Presidente
  2. Elena Pazos Secretario/a
  3. Marion C. Manuel Melle-Franco Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 576155 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente tese doutoral divídese en tres partes diferenciadas, comezando polo deseño e desenrolo dunha nova metodoloxía que permitiu obter de xeito máis eficiente ligandos previamente publicados polo grupo de investigación, cuxo ensamblaxe a baixas concentracións con centros metálicos de Pd(II) e Pt(II) conduce a formación de metalociclos mononucleares M1L1. Ademais, a través desta nova estratexia logrouse obter novos ligandos análogos con diferente tamaño e funcionalización. Estudiouse o proceso de autoensamblaxe dirixido por Pd(II)/Pt(II) dos novos ligandos, observando ademais das especies mononucleares, a aparición de especies dinucleares M2L2 a altas concentracións. Logrouse controlar o equilibrio entre a especie monomérica e dimérica mediante a aplicación de estímulos externos (concentración e adición de substratos). A segunda parte do traballo centrouse no estudo da interacción de metalociclos de Pt(II) co ADN de dobre hélice e cuádruple. Comezouse polo estudo da interacción de tres metalociclos cuadrangulares de tipo M2L2, previamente publicados polo grupo de investigación e que diferían entre eles no tamaño da súa cavidade. Tratouse con este traballo de determinar a posíbel influencia do tamaño na interacción dos metalociclos co ADN. Os resultados amosaron que a maior tamaño da cavidade, maior é a interacción co ADN pero menor é a selectividade co ADN cuádruple fronte ao de dobre hélice. Os resultados obtidos mediante técnicas espectroscópicas, reforzáronse mediante a realización de ensaios celulares. Por último, avaliouse a interacción de metalociclos M1L1 e M2L2 con maior variedade estrutural co ADN de dobre hélice e cuádruple. Os metalociclos que ofreceron un mellor perfil de interacción e selectividade foron sometidos a un estudo espectroscópico máis completo. De tódolos metalociclos analizados o que presentou un mellor perfil de absorción e emisión foi sometido a posteriores estudos biolóxicos. O estudo revelou que o metalociclo analizado era capaz de internalizarse en diversas células canceríxenas, para alcanzar o núcleo e unirse posteriormente ao ADN cuádruple presente no nucléolo, constituíndo o primeiro exemplo de metalociclo de Pt(II) fluorescente capaz de exhibir dito comportamento.