Análise da conduta antisocial nos adolescentes expostos á violencia familiar

  1. Lorena Maneiro
  2. Xosé Antón Gómez Fraguela
  3. Jorge Sobral
Revista:
Cadernos de psicoloxía

ISSN: 0213-5973

Ano de publicación: 2017

Número: 35

Páxinas: 99-114

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Cadernos de psicoloxía

Resumo

A violencia no ámbito doméstico repercute significativamente no benestar tanto dos pais e dos coidadores implicados de forma directa neste tipo de situacións, como dos menores que son testemuñas dos episodios violentos. Diversos estudos sinalaron que a presenza de violencia familiar constitúe un factor de risco para o desenvolvemento de condutas antisociais nos menores expostos. Debido a isto, o obxectivo deste estudo é avaliar a influencia da exposición á violencia familiar na infancia sobre as condutas antisociais levadas a cabo polos menores no último ano, así como as posibles diferenzas en función do centro de procedencia. A mostra estivo composta por 355 menores procedentes de centros de reeducación e de centros de protección da comunidade autónoma de Galicia. Os resultados obtidos a través da información dos técnicos reflicten que aqueles menores de centros de protección que foron testemuñas de malos tratos na familia rexistraron actos violentos de forma significativa. De igual modo, a exposición á violencia familiar na infancia influíu significativamente sobre as condutas agresivas, as condutas contra normas e o vandalismo avaliadas mediante o Cuestionario de Conduta Antisocial.