Que lles ocorre aos birrios e aos cogomelos?Un proxecto sobre o cambio climático na educación primaria
- Roberto Garrido Díaz
- Paloma Blanco Anaya
- Carmen Carricoba Armesto
ISSN: 2171-6595
Año de publicación: 2018
Número: 75
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Eduga: revista galega do ensino
Resumen
Preséntase un proxecto sobre o cambio climático para primeiro de educación primaria. Dado que as maiores dificultades para comprender esta problemática se atopan en diferenciar as causas das consecuencias, no proxecto que aquí se presenta propóñense actividades para que o alumnado comprenda cal é a orixe do cambio climático, as súas consecuencias no contorno próximo e cales poderían ser algunhas das solucións. Finalmente, detállanse algúns dos resultados atopados durante a posta en práctica deste proxecto.