A universidade de onte a hoxeDa antigüidade á calidade. Situación do sistema universitario de Galicia.
- DÍEZ DE CASTRO, José Alberto 1
- LÓPEZ PEREIRA, J. Eduardo 1
- de MIGUEL DOMÍNGUEZ, José Carlos 2
- VÁZQUEZ ROZAS, M.ª Emilia 2
-
1
Xunta de Galicia
info
-
2
Universidade de Santiago de Compostela
info
ISSN: 1132-2799
Year of publication: 2018
Volume: 27
Issue: 3
Type: Article
More publications in: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Sustainable development goals
Abstract
Érase que se era unha Universidade que se cría que canto máis antiga era, máis valía e asíteimaba en abesourar documentos antigos á procura da máis remota orixe posible. Neseambicioso desexo chegou a imaxinar que nacera en 1088, ata que alguén lle advirtiu que odocumento en que se apoiaba era unha clara falsificación medieval e houbo de seconformar con 1188, no mellor dos casos. Pero outras non lle foron detrás e trataron de seigualaren en antigüidade con ela, e a estas alturas nin elas o saben nin nós temos claro calé a súa antigüidade nin cal delas é a máis antiga. Nin sequera a nosa querida universidadecompostelá líbrase de tal sospeita, pois non son poucos os que non comparten que o seunacemento ou creación se remonte a 1495, como habitualmente se nos fai crer.En todo caso, a Universidade como institución cunha organización formal data da Europamedieval, malia que ten antecedentes nas culturas grega, romana e arábiga. Nas súasorixes xorden como unha evolución das escolas medievais coñecidas como studiumgenerale, que tiñan como misión educar aos empregados e monxes en niveis superioresaos que se ensinaba nas escolas monásticas e catedralicias. Nelas aprendíanse as artesliberais: gramática, lóxica, retórica, xeometría, aritmética, astronomía e música. Acontinuación, os alumnos tiñan a posibilidade de continuar os seus estudos nunha dasfacultades superiores: leis, teoloxía e medicina.Este esquema replícase por toda Europa Occidental de forma case homoxénea ata o séculoXVI no que a contidos se refire, pero con distintas variantes no relativo á administración exestión da institución, auspiciadas e fundadas por papas, emperadores e reis, que llespermitían gobernarse de forma autónoma, co requisito de non difundir nin o ateísmo nin aherexía. O prezo da autonomía, porén, era que as universidades se debían financiar elasmesmas. Desta forma os profesores cobraban honorarios e, para garantir a súa mantenza,tiñan que compracer aos seus estudantes. Estas primeiras universidades non tiñanedificios permanentes e posuían escasas propiedades, estando suxeitas á perda deestudantes e mestros descontentos que se podían desprazar a outra cidade e estabelecer oseu lugar de estudo aló. Esta foi a causa fundacional dalgunhas das máis prestixiosasuniversidades europeas.