40 anos de facenda autonómica en Galicia
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
ISSN: 1132-2799
Year of publication: 2018
Volume: 27
Issue: 3
Type: Article
More publications in: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Abstract
O aniversario dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia coincide tamén con outraefeméride de gran transcendencia para a nosa Comunidade: no ano 2018 se compren 40anos dos primeiros pasos da autonomía de Galicia e, con ela, da súa facenda. Aproveitamospolo tanto os actos que está a organizar a Facultade de CC. Económicas e Empresariais deSantiago de Compostela conmemorando o primeiro fito, para facer un repaso do que foi aconfiguración e evolución do sector público autonómico dende a perspectiva da súa facenda.Neste senso, en primeiro lugar, e coa finalidade de poder encadrar adecuadamente aevolución dos gastos e ingresos da Comunidade Autónoma de Galicia, analizamosbrevemente cómo se foi conformando o ámbito de competencias que desenvolve o Gobernogalego, e en qué marcos de financiamento obtivo ata o de agora os recursos necesarios paraasumir as obrigas derivadas das mesmas.Contextualizado o marco no que se obteñen os ingresos e se executan os gastos daAdministración autonómica galega, procedemos á análise dos mesmos durante o períodoreferido, tentando incidir principalmente naqueles elementos que teñen configurado a súarealidade actual e que nos permiten reflexionar sobre as perspectivas de futuro.