A incidencia da evolución das condicións sociolaborais do sector financeiro na motivación interna para a formación dos traballadores

  1. Manuel Octavio del Campo Villares
  2. Francisco Jesús Ferreiro Seoane
Revista:
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

ISSN: 2173-9811

Ano de publicación: 2016

Número: 7

Páxinas: 29-63

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

Resumo

A xestión do coñecemento é un factor estratéxico en calquera organización, en que a expansión tecnolóxica, a interacción socioeconómica e a competitividade profesional xogan un papel crecente. Ora ben, o coñecemento debe autoalimentarse, para o cal cómpre contar coa motivación necesaria, que depende das condicións en que os traballadores realizan o seu traballo. O obxecto deste artigo é mostrar a relación entre as condicións sociolaborais, a motivación profesional e a formación na actividade financeira. Para isto, o enfoque aplicado é un deseño descritivo non experimental, a través do cal se vinculan dous aspectos esenciais das condicións sociolaborais como son a deslocalización e a descualificación profesional con todas aquelas variables definitorias do mercado laboral financeiro: número de entidades, oficinas bancarias, distribución interna do persoal ou cualificación deste. Con base na variación interanual media destas variables cuantifícase o emprego financeiro español, que viu empeorar as súas condicións laborais como consecuencia do cambio regulatorio experimentado polo sector, sen precedentes na súa historia. Os resultados amosan como o proceso de reestruturación do sector coa crise danou especialmente as condicións de traballo dos empregados financeiros