Sobre a "Gallaecia Magna" e as relacións históricas e xeolingüísticas entre galego portugués e asturiano

  1. Francisco Dubert-García 1
  1. 1 Instituto da Lingua Galega
Revista:
Estudis romànics

ISSN: 0211-8572

Ano de publicación: 2017

Número: 39

Páxinas: 43-69

Tipo: Artigo

DOI: 10.2436/20.2500.01.215 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openMINERVA editor

Outras publicacións en: Estudis romànics

Resumo

Este artigo pretende chamar a atención sobre a existencia dalgúns fenómenos dialectais que mostran a existencia dunha área xeolingüística galego-asturiana (que inclúe o Baixo-Minho portugués) que xa ten a súa orixe no mesmo momento da romanización. De feito, retómase a noción xeo-histórico-lingüística de Gallaecia Magna demarcada por Joseph M. Piel como locus xeográfico orixinario do nacemento do portugués, do galego e do asturiano. Esta área estaba formada polo noroeste de Portugal, as provincias de Pontevedra, Coruña, Lugo e a metade occidental de Oviedo. Algunhas diferenzas entre gale-go e portugués (que agrupan galego con asturiano) deben remitirse á inclusión de Galicia e do oeste de Asturias nesta área. Os fenómenos mostran un prolongado contacto galego-asturiano e unha fidelidade do galego e do asturiano a esta área e un comportamento independente e, ás veces, unitario do portugués e do castelán con respecto a estes fenómenos.