O uso da metodoloxía cualitativa como técnica de investigación social e como ferramenta de avaliación da acción dos gobernantes e a satisfacción dos cidadáns
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
ISSN: 1887-0279, 1887-0287
Year of publication: 2009
Volume: 4
Issue: 1
Pages: 43-61
Type: Article
More publications in: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública
Abstract
O presente artigo analiza e defende a utilidade da metodoloxía cualitativa na investigación social como vía para avaliar os resultados das accións de goberno e a maneira en que estas son percibidas polos cidadáns. Trátase de demostrar que os enfoques cuantitativos tradicionais e maioritarios mostran importantes carencias que cómpre corrixir se queremos obter un coñecemento do obxecto de estudo máis completo e diverso que nos permita xerar coñecemento para a acción. A metodoloxía cualitativa móstrase como unha ferramenta moi útil para a xestión pública e para a análise das diferentes etapas das políticas públicas, en especial no que respecta ás fases de definición de problema, implementación e avaliación, polo que se defende unha utilización adecuada e máis frecuente de devandita metodoloxía.