Os queirogaiscompoñentes chave da biodiversidade de Galicia, en proceso de destrución e desaparición
- Pablo Ramil-Rego
- Manuel A. Rodríguez Guitián
- Hugo López
- Javier Ferreiro
ISSN: 1136-2677
Ano de publicación: 2016
Número: 76
Páxinas: 18-21
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente
Resumo
As políticas mercantilistas e agraristas promovidas desde o século XVIII en grande parte do continente consideraron os queirogais como terreos improdutivos, desenvolvendo distintas actuacións dirixidas á súa substitución por fitocenoses sinantrópicas. Coa entrada en vigor da Directiva Hábitat (DC 92/43/CEE), este tipo políticas quedaron sen amparo legal, ao incluírse estes ambientes ecolóxicos dentro do listado de hábitats da UE necesitados de protección. Con todo, este novo estatus legal non impediu que en distintas áreas da Rexión Atlántica Ibérica, e nomeadamente en Galicia, continuase a destrución dos queirogais a un ritmo tal que o seu estado de conservación favorable, así como o das especies de flora e fauna silvestre que deles dependen, está seriamente comprometido a curto prazo.