A Participación Cidadá no Xornalismo¿Reclamo ou Diálogo?

  1. Xosé López García
Revista:
Observatorio (OBS*)

ISSN: 1646-5954

Ano de publicación: 2009

Volume: 3

Número: 1

Páxinas: 138-147

Tipo: Artigo

DOI: 10.7458/OBS312009118 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Observatorio (OBS*)

Resumo

O xornalismo busca novos folgos para saír da crise de valores que o afecta nos últimos anos. Un dos ámbitos de maiores transformacións está na busca e elaboración da información. A relación cos cidadáns pode cambiar, co apoio dunhas tecnoloxías actuais que abren novos camiños e reforzan outros xa existentes. É por iso que preséntanse iniciativas para un xornalismo máis próximo aos cidadáns. Non cabe dúbida que a participación dos usuarios gañou terreo nos cibermedios nestes últimos tempos. O ano 2006, data do redeseño dalgún dos principais cibermedios en España (www.elmundo.es, www.elpais.es, www.abc.es, www.lavanguardia.es ...), marcou un punto de inflexión na nova forma de entender a relación entre as tradicionais figuras de emisor e receptor no ámbito do xornalismo. Os medios de comunicación víronse na obriga de traballar na procura de facer de dobre sentido as autopistas polas que, como emisores, estaban a enviar información. Deste xeito, trazaron vías de comunicación e retroalimentación entre emisor e receptor, dándolle aos lectores/usuarios certo protagonismo na construción da realidade xornalística. Foi este un momento importante para os medios que, en certo modo, viron necesaria a implicación dos lectores ou usuarios no medio a través da participación cidadá.