Recuperación e posta en produción de terras abandonadasa visión do sector vacún leiteiro de Galicia como demandantes no mercado de terras

  1. Lidia Osorio Castelao
  2. Eduardo José Corbelle Rico
  3. Francisco José Ónega López
Zeitschrift:
Recursos rurais: revista oficial do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural ( IBADER )

ISSN: 1885-5547

Datum der Publikation: 2014

Nummer: 10

Seiten: 7-14

Art: Artikel

Andere Publikationen in: Recursos rurais: revista oficial do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural ( IBADER )

Zusammenfassung

Este traballo busca caracterizar aos usuarios potenciais das terras que actualmente se atopan en situación de abandono ou infrautilización en Galicia. O sector vacún leiteiro constitúe o núcleo básico do sector agrario galego polo que coñecer a súa opinión como demandantes de terra é unha prioridade para poder establecer un plan de mobilidade de terras. A través da aplicación dunha variante da metodoloxía Delphi comprobouse que dende o sector existe un interese por conseguir máis terra e poder aumentar así a base territorial das explotacións e, en consecuencia, a súa capacidade produtiva. A falta de información tanto técnica como lexislativa relativa aos instrumentos que poden axudar á mobilización de terras e o seu funcionamento, quedou presente en moitos dos xuízos emitidos polo panel de expertos consultados para este traballo, polo que este constituiría o primeiro paso cara a consecución dunha mobilidade efectiva de terras.