Crise financeira e fracaso das respostas do G-20Os intentos de prolongar un modelo insostible
ISSN: 1579-6582
Ano de publicación: 2009
Número: 19
Páxinas: 183-203
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Tempo exterior
Resumo
O artigo ofrece unha diagnose sobre as causas que levaron á actual crise financeira e económica mundial, afondando nos efectos perniciosos derivados do modelo neoliberal instaurado nas últimas décadas. Nesta perspectiva, rastrexa os momentos clave que identifican a crise financeira global así como os alcances da visión estratéxica deseñada para afianzar a hexemonía estadounidense. O autor cuestiona as posturas reducionistas dalgúns sectores, explicando que esta crise engloba factores moito máis complexos e profundos que fan insostible a prolongación deste modelo capitalista neoliberal.