200 anos de esperao papel dos xornalistas nos dous séculos de historia da prensa galega

  1. Miguel Túñez López
Revista:
Estudios de comunicación

ISSN: 1578-4916

Año de publicación: 2001

Número: 0

Páginas: 105-116

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Estudios de comunicación

Resumen

A situación laboral dos xornalistas a penas ten espacio nos estudios sobre a historia do periodismo galego. As empresas, a relación das cabeceiras e das emisoras cos grupos de poder, o seu papel como actores políticos, as vinculacións dos medios coa etapa histórica do momento, a producción dos principais escritores e políticos galegos nas páxinas dos xornais son referentes constantes na, aínda escasa, bibliografía galega sobre xornalismo. Parece que os outros protagonistas, os xornalistas, só tivesen reservado un papel de anonimato no proceso a non ser que a súa actividade mediática fora complemento doutra dedicación, principalmente política ou literaria. Dáse, pois, un panorama que deixa patente a necesidade de iniciar unha investigación a fondo e rigorosa que encha o que é un inexplicable baleiro no coñecemento da profesión periodística en Galicia.