A cultura galega no xornalismo escrito

  1. Montse Calvo
  2. Xosé López García
Revista:
Estudios de comunicación

ISSN: 1578-4916

Ano de publicación: 2002

Número: 1

Páxinas: 171-185

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios de comunicación

Resumo

A análise da cultura galega no xornalismo galego impreso pasa por precisar unha serie de ideas. O primeiro que se constatou foi a homoxeneización de temas e a inexistencia dunha maneira alternativa de facer xornalismo que leva a unha reproducción dos modelos do poder. Ademais, a carencia de de dinamismo no xornalismo na comunidade galega obsérvase, sobre todo, na repetición de temas e na frecuencia coa que aparecen informacións relativas á literatura, ó teatro, á música ou ás exposicións de carácter diverso, como asuntos reiterativos. A cultura para ser difundida e recibida por un público amplo, heteroxéneo e disperso ten que paga-lo prezo de ser “folclorizada”, convertida en espectáculo, en crónica rosa ou, sinxelamente, en farándula. Conclúese, deste xeito, que a cultura na retagarda da oferta informativa e que o déficit, fronte ó que se poida pensar, non é de producción, senón de reproducción cultural.