O parlamento de papelanálise do discurso mediático nas campañas electorais autonómicas, 1981-2001
ISSN: 1578-4916
Year of publication: 2002
Issue: 1
Pages: 33-47
Type: Article
More publications in: Estudios de comunicación
Abstract
Os datos presentados neste artigo forman parte dunha investigación inédita realizada nos últimos anos na que se reflexiona sobre o papel dos medios impresos durante as campañas electorais. Durante as dúas últimas décadas, Galicia consolidou o seu sistema político, o subsistema de partidos e a sociedade recuperou a tradición de participación política perdida anos antes. Ademais dos políticos, os medios de comunicación asistiron ós seis comicios autonómicos celebrados ata o momento. A información sobre as eleccións rexistrou un incremento de máis do 250%. Conclúese que a campaña electoral é unha estructuración ficticia da vida política que se traslada ós medios impresos e que alcanza durante os últimos anos un espacio e un discurso propios, ademais da penetración nas rutinas productivas e na organización do propio xornal. Nembargantes, a prensa é un dos espacios políticos e aínda necesita vincularse con outros procesos de formación da cultura política na vida social para non quedar atrapada nun xornalismo de declaracións nin nas modas publicitarias dos medios de comunicación.