A importancia da empresa nos modelos de crecemento económico

  1. Ferreiro Seoane, Francisco Jesús
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2013

Volume: 8

Número: 1

Páxinas: 107-121

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

O presente artigo ten por obxectivo explicar os modelos de crecemento económico e a importancia da función empresarial a partir dos estudos de importantes autores como Solow e Marshall, entre outros. Para isto imos analizar o Modelo Básico de Solow, tanto nunha economía pechada como aberta, o Modelo Xeral de Solow, a importancia da tecnoloxía, o crecemento endóxeno, semiendóxeno, así como o desenvolvemento endóxeno. Tamén estudaremos a teoría marshalliana, o equilibro xeral de Walras, o capital humano no crecemento económico.Terminaremos cunhas conclusións sobre os modelos de crecemento económico e a importancia da función empresarial.