Unha aproximación á análise das políticas municipais de xénero en España
ISSN: 1887-0279, 1887-0287
Year of publication: 2011
Volume: 6
Issue: 1
Pages: 91-107
Type: Article
More publications in: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública
Abstract
A partir da aprobación da Constitución de 1978, a igualdade de xénero entrou nas axendas políticas españolas e, aínda que a diferentes ritmos, desde os tres niveis de goberno comezaron a desenvolverse as políticas de igualdade de xénero. O obxectivo deste artigo é analizar o proceso de elaboración destas políticas no ámbito municipal. Así, partindo da revisión das principais investigacións empíricas realizadas en torno a esta temática, abordaranse tres momentos concretos do desenvolvemento destas políticas: a) a entrada na axenda, b) o proceso de institucionalización, c) o proceso de implementación.