O uso de invertebrados como materia prima para producir biodiésel

  1. Llecha Galiñares, Alfredo
  2. Rodríguez Añón, Jose Antonio
  3. Proupín Castiñeiras, Jorge
  4. Villanueva López, María
Revista:
Adega cadernos

ISSN: 1137-0262

Año de publicación: 2011

Número: 21

Páginas: 39-45

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Adega cadernos

Resumen

Como unha consecuencia natural do uso insostible e irracional dos recursos enerxéticosaparece inevitablemente unha situación de crise. Este panorama incerto, e que pon en verdadeiro perigo a sociedade que coñecemos actualmente, fai que se estean a desenvolver multitude de iniciativas no eido das enerxías renovables, dentro das cales xorden os biocombustibles. Nos derradeiros catro anos investigadores da empresa AA Solar Fotovoltaica S. L. e do Grupo de investigación TERBIPROMAT da USC están a investigar en biocombustibles que poderiamos denominar de terceira xeración. Nesta investigación desenvólvese un proceso para producir, por un lado, biodiésel a partir dunha fonte que historicamente foi renovable, os invertebrados, e polo outro uns subprodutos que poidan utilizarse na industria primaria da alimentación, especialmente en granxas avícolas e/ou piscícolas. A maiores ábrese a posibilidade de utilizar invertebrados cuxa alimentación se basea ou ben en subprodutos residuais da industria agroalimentaria, ou ben na gandeira como o xurro e poder así solucionar un grave problema de deterioración ambiental que está a limitar o desenvolvemento destes sectores na nosa comunidade autónoma.A produción de biodiésel utilizando como materia prima invertebrados engloba as vantaxes propias do elaborado a partir de especies vexetais consistentes en diminuír entre un 25% a un 80% as emisións de inqueimados e partículas, CO2 e outros compostos como CO, NOx, responsables do efecto invernadoiro, en reducir o desgaste de determinados compoñentes dos motores polo seu maior índice de octano e lubricidade, en non ter compostos de xofre nin aromáticos polinucleares, ou en recuperar economías a escala no tecido rural, mais a maiores ofrece a non competencia con intereses alimentarios, a necesidade de extensións moito menores de terreo paraa implantación de instalacións.Por tanto, a proposta de obter biocombustibles a partir de invertebrados ofrécese como unha alternativa á liña de investigación habitual de xerar aceites a partir de especies vexetais, tanto terrestres como mariñas, e que aínda que se implantou con moita forza hai unhas décadas, na actualidade comeza a ter detractores a todos os niveis.