Turismo de desastresaproximación á explotación turística do desastre do Prestige na Costa da Morte

  1. Rey Castro, Alberto
  2. Rodríguez Rodríguez, Gonzalo
Revista:
Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ISSN: 1132-2799

Ano de publicación: 2009

Título do exemplar: Turismo galego: retos e oportunidades

Volume: 18

Número: 2

Páxinas: 111-130

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Resumo

Xa sexa movidos pola curiosidade, pola notoriedade dun determinado lugar, polo seu valor histórico, etc., ou polo morbo, o feito é que desde tempos inmemoriais a dor, o dó, a morte, a desigualdade, a fame e así unha longa lista de feitos dolorosos foron susceptibles de ser mercantilizados e comercializados no mercado turístico. Algunhas catástrofes recentes dan boa mostra diso: é o caso dos ataques terroristas do 11S en Nova York, do furacán Katrina en Nova Orleáns, do tsunami que asolou o sueste asiático ou do vertido do petróleo do Prestige. Estes catro casos difiren na natureza da catástrofe, irrelevante para o noso obxecto de estudo e, en cambio, resultan comparables polo seu carácter coetáneo, polo elevado impacto que tiveron na opinión pública debido ao intenso seguimento por parte dos medios de comunicación e, por suposto, pola afectación da actividade turística. Como resultado obsérvase que o contexto resulta crucial para explicar a explotación da catástrofe e, en particular, o grao de destrución da infraestrutura turística, a dependencia do turismo que teña o destino e o impacto na afluencia de visitantes. Ademais, constátase que, no caso da Costa da Morte, fronte ás connotacións eticamente negativas do turismo escuro, presenta aspectos positivos como a chegada de voluntarios durante os meses seguintes á catástrofe, o que constitúe un dos factores explicativos do crecemento das pernoitas na zona.

Referencias bibliográficas

  • BIRKLAND, T.A.; PANNAPA HERABAT, M.E.; LITTLE, R.G.; WALLACE, W.A. (2006): “The Impact of the December 2004 Indian Ocean Tsunami on Tourism in Thailand”, Earthquake Spectra, vol. 22, núm. S3, (June), pp. S889-S900.
  • DIEZHANDINO NIETO, M.P. (2005): “El Prestige en los medios. Las claves de una gran confusión”, Actas do III SOPCOM, vol. IV.
  • HARTMANN, R. (2009). Tourism to Places with a Difficult Past. A Discussion Paper on Recent Research Trends and Concepts: Heritage Tourism, Dissonant Heritage Tourism, Thanatourism, Dark Tourism, Holocaust Tourism. (Dispoñible en http://thunder1. cudenver.edu/clas/ges/Hartmann_Discussion%20Paper%202009.pdf).
  • HOONTRAKUL, P. (2005): The Tsunami’s Impact on Thai Tourism. (Dispoñible en http:// www.pongsak.hoontrakul.com/publication.htm. Última consulta: 20/10/09).
  • HOONTRAKUL, P.; SAHADEV, S. (2006): The Impact of Tsunami on Tourism Enquiries in Thailand: One Year Aftermath. (Dispoñible en http://www.pongsak.hoontrakul.com/ publication.htm. Última consulta: 20/10/09).
  • LENNON J.J.; FOLEY M. (2000): Dark Tourism: the Attraction of Death and Disaster. London: Cassell.
  • SEATON, A.V. (1996): “Guided by the Dark: From Thanatopsis to Thanatourism”, International Journal of Heritage Studies, vol. 2, núm. 4, pp. 234-244.
  • WWF/ADENA (2003): The Prestige: One Year on, a Continuing Disaster. (Dispoñible en http://www.wwf.es/online_mares.php).
  • YÚDICE, G. (2005): “El turismo desastre”, La Nación (04/09/05).