Auga e ecosistemas acuáticoscalidade e biodiversidade

  1. Cobo Gradín, Fernando
  2. González González, Marcos A.
Revista:
Adega cadernos

ISSN: 1137-0262

Ano de publicación: 2003

Título do exemplar: Auga e sustentabilidade

Número: 11

Páxinas: 13-22

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Adega cadernos

Resumo

A auga é o produto máis consumido do mundo, pero a auga non é só un recurso, se non que se trata do compoñente básico da biosfera. Un río ou un lago non son simples masas de auga ou canais por onde discorre un fluído que se pode utilizar ao antollo da demanda sen ter en conta que son ecosistemas de incalculábel valor por sí mesmos, formados por multitude de organismos froito dunha longa evolución. A auga é tan só o medio onde se desenvolve cadansúa biocenose dos diferentes ecosistemas acuáticos continentais. Confundir os ríos ou lagos coa auga que conteñen é como valorar a creación literaria en función da calidade do papel sobre o que se imprime a obra.Fernando Cobo e Marcos González descobren para nos a auga e todo o que se esconde nela