Acceso dos cidadáns ás administracións públicas e fenda dixital

  1. Fernández Rodríguez, José Julio
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2007

Volume: 2

Número: 3

Páxinas: 63-80

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

A fenda dixital, ou desigualdade de acceso ás novas tecnoloxías, é un importante problema xurídico e politolóxico. Ese problema ten causas e consecuencias diversas (económicas, culturais, territoriais). O Estado Social e o seu principio de igualdade material teñen que reaccionar para tentar eliminalo. En España, distintas previsións normativas recentes recolleron medidas que, directa ou indirectamente, se enfrontan a esta fenda para facilitar o desenvolvemento da Administración electrónica. Non obstante, persisten algúns problemas que aínda hai que afrontar, aínda que a melloría xa é clara.