Os programas de educación familiar municipaistarefas e funcións dende a práctica

  1. López Gómez, Santiago
Journal:
Revista galega de ciencias sociais

ISSN: 1695-6427

Year of publication: 2007

Issue: 6

Pages: 119-128

Type: Article

More publications in: Revista galega de ciencias sociais

Abstract

Desde a posta en marcha dos primeiros programas de educación familiar feitos desde os distintos concellos galegos, pasou xa máis dunha década. Pese ao grande avance que supón a posta en marcha deste tipo de programas, nótase, aínda, que as funcións e as tarefas dos e das educadores/as están escasa e vagamente definidas desde a administración. Nestes últimos anos fóronse dando pasos e, sobre todo, tentativas para mellorar estes programas que, sen dúbida, teñen o seu punto forte no achegamento á xente e nos logros que cada día se van conseguindo. Non obstante, amosan o seu talón de Aquiles na subordinación dos concellos fronte ás subvencións da administración autonómica que, en moitas ocasións non so esquecen a súa realidade e precariedade laboral, senón que tamén realizan un malogrado control das actuacións nesta materia. Reflexiónase, desde a experiencia do traballo diario, sobre o significado dos programas de educación familiar e a súa transcendencia, e se propón a delimitación do perfil e das tarefas profesionais.