Imaxinario paisaxístico e espazo urbano. Tensións e ambigüidades da inserción da cidade na narrativa galega

  1. López Sández, María
Revista:
Anuario de estudos literarios galegos

ISSN: 1133-4533

Ano de publicación: 2006

Número: 2006

Páxinas: 54-61

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario de estudos literarios galegos

Resumo

Nas seguintes páxinas pretendemos analizar como as tensións e polarizacións connotativas do rural e do urbano se ven intensificadas pola condición periférica e subalterna da literatura galega. Tan significativa como o propio proceso de incorporación do urbano nos textos literarios resulta a este respecto a análise do discurso crítico que discorre en paralelo e que, desde o Rexurdimento, intenta darlle pulo á conquista do espazo urbano. A subsistencia actual deste proceso e do debate arredor do ruralismo demostran a centralidade do espazo e a súa construcción discursiva, de xeito moi particular en ámbitos nos que a identidade é contendida e problemática.