Unha reflexión sobre a evolución dos métodos de xestión de existencia e a súa influencia no ámbito da información contable
ISSN: 1132-2799
Ano de publicación: 2000
Volume: 9
Número: 2
Páxinas: 175-198
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Indicadores
CIRC
- Ciencias Sociais: B
Resumo
O dinamismo que presenta o contorno empresarial supón para as organizacións empresariais importantes retos; entre eles, é importante o que presenta a reducción do ciclo de vida do producto e, consecuentemente, o risco de obsolescencia técnica ou comercial dos stocks almacenados nas empresas. Neste contexto adquire relevancia a información financeira emitida nas contas anuais das organizacións sobre as existencias e a súa perda de valor recollida nas contas compensadoras. Neste traballo resúmense algúns enfoques seguidos na xestión de existencias que comparten, aínda que non sexa de maneira explícita, unha serie de principios comúns moi vinculados coa organización da "cadea loxística" e co intento de convertela en vantaxe competitiva, facendo notar cómo inflúen na aparición de perdas de valor continxentes nos stocks e no seu reflexo contable.