Instrumentos e mercados ó contado, de derivados estandarizados e OTCunha análise comparativa

  1. Fernández López, Sara
  2. Rodríguez Sandiás, Alfonso
  3. Ximénez Rodríguez, Santiago
Revista:
Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ISSN: 1132-2799

Ano de publicación: 1999

Volume: 8

Número: 2

Páxinas: 67-84

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Resumo

Nos últimos anos os mercados financeiros coñeceron unha autentica revolución provocada pola chamada "enxeñería financeira". Sen embargo, a grande especialización requirida polas finanzas supuxo unha barreira no acceso dos axentes financeiros a moitas destas innovacións. Unha das transformaclóns máis importantes foi o desenvolvemento dos mercados de derivados sobre activos financeiros. Practicamente descoñecidos hai vinte anos, a confluencia dunha serie de circunstancias provocaron a necesidade de utilizar instrumentos derivados. Neste contexto é onde se sitúa o noso estudio, que ten como obxectivo ve-la evolución e as causas do desenvolvemento destes instrumentos e mercados nas últimas décadas. Así, unha vez delimitados os elementos que van ser obxecto da análise, comparámo-los instrumentos ó contado cos instrumentos derivados negociados en mercados organizados, e estes cos instrumentos derivados negociados en mercados OTC, para acabar dando unha visión global de todos eles