Algas doceacuícolas nos ríos da Galiza

  1. López Rodríguez, María del Carmen
Journal:
Adega cadernos

ISSN: 1137-0262

Year of publication: 2005

Issue: 15

Pages: 5-14

Type: Article

More publications in: Adega cadernos

Abstract

As algas son un grupo moi diverso de plantas fotosintéticas carentes de raíces, tallos e follas, e de sistema vascular, que teñen clorofila a como pigmento primario fotosintético, e un amplo rango de estratexias reprodutivas: desde simple división asexual até formas complexas de reprodución sexual. As algas viven practicamente en todos os medios, aínda que maioritariamente encóntranse en hábitats acuáticos, pero desenvólvense tamén no solo, sobre a neve e o xeo soportando as temperaturas máis extremas. Nos ecosistemas acuáticos, as salgas son os produtores primarios máis importantes e a base da cadea alimentaria. En medios doceacuícolas como son os ríos, lagos, encoros, etc, o termo �alga�pódese asignar principalmente a organismos microscópicos, na súa maioría unicelulares ou filamentosos, algúns dos cales asócianse formando colonias e alcanzando dimensións visíbeis a simple vista como diminutas partículas verdosas, pardas ou negrallentas. No medio mariño, polo contrario, o que máis destaca cando nosa cercamos ás costas galegas en marea baixa, é a grande exuberancia vexetal debida ás algas macroscópicas, aínda que neste medio a representación de algas microscópicas tamén é elevada.