O río como ecosistema

  1. Vieira Lanero, Rufino
  2. Cobo Gradín, Fernando
Revista:
Adega cadernos

ISSN: 1137-0262

Ano de publicación: 2005

Número: 14

Páxinas: 9-14

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Adega cadernos

Resumo

Adóitase considerar aos lagos e lagoas como ecosistemas pechados, caracterizadospolo seu predominio da produción primaria autóctona e os seus limitados intercambiosco exterior, mentres que, polo contrario, os ríos son ecosistemas abertos nos que a entrada maioritaria de enerxía procede do ecosistema terrestre adxacente.Así, a diferenciación entre augas estancadas, que se definen como medios lénticos,en contraposición ao termo de medios lóticos para as augas correntes, ten un significado ecolóxico moito mais amplo. De feito, os ríos son entidades en continuocambio que están estreitamente ligados aos ecosistemas terrestres adxacentes.Esta é unha premisa chave para a comprensión do seu funcionamento e a súa evolución, e por iso os hidrobiólogos miran a conca hidrográfica coma unha unidade funcional.A conca inflúe enormemente na vida do ecosistema fluvial, pois, entre outrascousas, a súa superficie determina o volume de augas recollidas, a cobertura vexetaldirixe parcialmente a distribución das augas de escorrentía e de evaporación, eademais, a auga, en función da natureza dos terreos que atravesa no seu percorrido,énchese de materia orgánica e de sais minerais