Ecos clásicos na lírica de Florencio Vaamonde

  1. Amado Rodríguez, María Teresa
Revista:
Anuario de estudos literarios galegos

ISSN: 1133-4533

Año de publicación: 1998

Número: 1998

Páginas: 11-41

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Anuario de estudos literarios galegos

Resumen

A figura literaria de Florencio Vaamonde non se pode entender plenamente se se descoñece o programa ideolóxico e cultural que alentaba a chamada "escola coruñesa", da que el formou parte e, sobre todo, se se ignora o particular xeito de concretalo na súa creación lírica. Pero se aquel é ben coñecido, por ter estudiada a obra dalgúns dos seus membros e polo espírito, aínda vivo, da institución que deixaron atrás, sen embargo bótase de menos unha análise polo miúdo da obra do noso autor, principalmente da lírica, pois nela, máis que en ningún outro dos xéneros cultivados por el, realiza mellor que ningún o ideal lingüístico e literario que os animaba a todos eles, elevándose por encima dos da súa xeración. Unha das razóns desta superioridade é, sen dúbida, o seu vasto coñecemento dos poetas gregos e latinos, ós que converteu en mestres, asumindo case obsesivamente o ideal humanístico de elevar e engrandecer a lingua e a literatura nacional co exemplo dos clásicos. As vías empregadas para iso foron as tres que Highet ten como principais: a traducción, a emulación e a imitación (Hight 1954: I, 1696)