A prensa infantil nas linguas do Estado español
ISSN: 1133-4533
Datum der Publikation: 2001
Nummer: 2001
Seiten: 169-186
Art: Artikel
Andere Publikationen in: Anuario de estudos literarios galegos
Zusammenfassung
O desenvolvemento da prensa infantil e xuvenil nas distintas linguas do Estado español mostra, no seu devalar histórico, a necesidade de afrontar problemáticas relacionadas coa falta de liberdade de expresión e prensa vivida en España durante a dictadura franquista, así como a capacidade de cada comunidade lingüística e cultural para defender e manter proxectos xornalísticos dirixidos ós máis novos mesmo en situacións de crise e censura. Por outra banda, a vitalidade das propostas de prensa para nenos e mozos - nomeadamente no caso das culturas minorizadas- está en relación directa co interese social que as ampara, así como na existencias de grupos ou individuos particularmente comprometidos co agromar das manifestacións culturais en lingua propia. No presente artigo, preséntase o desenvolvemento da prensa infantil e xuvenil como resposta á censura franquista e como iniciativa contra o sistema imprerante. Así mesmo, ofrécense senllas panorámicas sobre o devalar da prensa nas linguas castelá, catalana, galega e vasca, desde os comenzos deste xénero ata a actualidade.